A lei do libro 2006 a debate

DirecciónPazo de Raxoi
MunicipalidadSantiago de Compostela
?Lugar?Consello Da Cultura Galega
ProvinciaLa Coruña (C)
Fecha19/04/2018
Hora09:00
CategoriaArte y Cultura
Página oficiál
Página Facebook

Pazo de Raxoi
Santiago de Compostela
Consello Da Cultura Galega
La Coruña (C)
Tel 2018-04-19
Categoria Arte y Cultura


Co gallo do Día Mundial do Libro e a Lectura, a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza esta xornada de avaliación do desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia, un texto que foi elaborado colectivamente no seu día e aprobado no Parlamento en 2006. A partir da análise dos datos empíricos e dos obxectivos que a Lei pretendía e permitía acadar, valoraranse tamén os contidos desta dende a perspectiva legal e administrativa, así como a súa vixencia, fortalezas e feblezas a partir dos puntos de vista achegados polos distintos axentes públicos e privados relacionados con este ámbito. Para isto, e baixo a coordinación de Dolores Vilavedra e Manuel Bragado, contaremos coa presenza de Xavier Senín, Cristina Novoa, Carlos Amoedo, Alba Nogueira, Marcos Lorenzo, Xosé Ballesteros, José Daniel Buján, Susana Castro Barral, Mercedes Queixas, Pilar Rodríguez e Dolores Tobío Barreira.


Consulta o programa e fai a túa inscrición en: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200648





Home Page - Privacy Sitemap Copyright © 2018 LosEventos.es

P7