Teatro do Morcego: "House desaforado"

DirecciónPardo Bazán, nº 6 - Baixo
MunicipalidadBurela
?Lugar?Auditorio-Casa da Cultura de Burela
ProvinciaLugo (LU)
Fecha23/03/2018
Hora21:00
CategoriaArte y Cultura
Página Facebook

Pardo Bazán, nº 6 - Baixo
Burela
Auditorio-Casa da Cultura de Burela
Lugo (LU)
Tel 2018-03-23
Categoria Arte y Cultura


O Venres 23 de Marzo chegará a Burela a compañía Teatro do Morcego para representar ás 21:00 horas na Casa da Cultura "House desaforado", un monólogo cómico sobre a existencia e a soidade que interpreta o experimentado e coñecido actor moañés Celso Parada. Unha obra escrita orixinalmente en inglés polo multipremiado dramaturgo canadense Daniel MacIvor, traducida ao galego pola escritora María Reimóndez, que conta co quebequés Kevin Orr na dirección escénica. "A miña nai está posuída polo demo, o meu pai e o home máis triste do mundo, a miña irmá está namorada dun can, a que amo non me ama e non teño onde vivir. Que debería facer?" Así se presenta Víctor, o atribulado protagonista desta peza, un estraño entre nós, un home que se sente abandonado pola súa comunidade e que fai grandes esforzos por atopar un fogar, por compartir un lugar no mundo coas persoas que quere.







Home Page - Privacy Sitemap Copyright © 2018 LosEventos.es

P9